HomesociedadeRibeira Sacra, paisaxe da auga na Casa de Galicia en Madrid

Ribeira Sacra, paisaxe da auga na Casa de Galicia en Madrid

O director xeral do Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, visitou esta semana, a exposición Ribeira Sacra, paisaxe da auga, na Casa de Galicia en Madrid, onde estivo acompañado polo director desta entidade, Luis E. Ramos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a visita, Miramontes fixo fincapé na importancia de iniciativas “que poñan en valor o patrimonio excepcional da Ribeira Sacra”.

A mostra presenta un percorrido polos atributos que conforman a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, desde a súa orixe ata as súas fontes ou a súa toponimia e gabou o traballo da Xunta de Galicia “nunha candidatura forte e madura, que xa se atopa na súa recta final”.

Esta exposición forma parte, xunto coa exposición Galicia litoral máxico. Asubíos, rompentes e cantigas da Ribeira Sacra do proxecto expositivo Galicia, naturalmente, poderá visitarse ata o 30 de novembro na Casa de Galicia en Madrid.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...