HomesociedadeA DomusVi Monforte recolle firmas de respaldo do persoal, mentres a CIG...

A DomusVi Monforte recolle firmas de respaldo do persoal, mentres a CIG concéntrase por unha atención de calidade

Este venres pola mañá a CIG convocou unha concentración diante da residencia DomusVi de Monforte para demandar unhas condicións laborais dignas e que se garanta unha atención de calidade ás persoas usuarias. Nesa mesma xornada, a DomusVi Monforte informaba de que "a plantilla de forma voluntaria iniciaba unha recollida de sinaturas ao respecto das declaracións do BNG no Parlamento".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira hora deste venres a DomusVi Monforte emitía un comunicado informando de que, “a plantilla de forma voluntaria e libre iniciara unha recollida de firmas á que se sumou preto do 90% do persoal. O seu obxectivo é manifestar que dita información é rotundamente contraria aos valores, atencións e accións que levan a cabo directamente no centro e á atención brindada aos residentes”.

Desde o centro aseguran que a plantilla está “moi afectados moral e eticamente ao poñerse en dúbida a súa profesionalidade e calidade humana cunhas declaracións que son absolutamente falsas. Esta recollida de firmas é un paso máis que confirma o compromiso do centro coa transparencia, a calidade asistencial e o respecto ás persoas maiores e as súas familias”.

Horas máis tarde celebrábase a concentración covocada pola CIG, sindicato que asegura que é “a dirección do centro a que presiona para asinar este documento que e afirma que as condicións na residencia son boas”.

Segundo a CIG-Servizos de Lugo-A Mariña, os cadros de persoal nas residencias privadas son inferiores aos das residencias públicas, o que fai que as traballadoras e traballadores teñan que soportar unha sobrecarga laboral. Apuntan que neste sector “dáse un número importante de baixas por problemas musculo-esqueléticos polo esforzo, e tamén baixas psicolóxicas pola carga mental”.

Asegura o sindicato que o sector privado regúlase polo convenio colectivo de residencias privadas, de ámbito galego, “caducado dende 2023, que contempla unhas condicións salariais e sociais onde a maioría das categorías están por debaixo do SMI. A Xunta de Galiza ten unha responsabilidade directa por ter plenas competencias no control da prestación ás persoas usuarias e na precariedade laboral, por promover un modelo de coidados privatizado e mercantilizado”. Reclaman que as inspeccións de servizos sociais sexan máis exhaustivas e que se reforce o persoal deste servizo.

A este respecto o BNG de Monforte anuncia que presentará unha moción no Concello para instar á Xunta a a abrir unha investigación inmediata sobre o funcionamento da residencia de maiores Domus VI, “ante as numerosas queixas e testemuños que alertan dunha situación de saturación”.

ÚLTIMAS

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...