HomesociedadeA DGT estrea no Multiusos a aula informatizada para a realización dos...

A DGT estrea no Multiusos a aula informatizada para a realización dos exames teóricos de conducir

A aula informatizada cedida polo Concello de Monforte de Lemos á Dirección Provincial de Tráfico para a realización das probas teóricas para a obtención dos permisos de conducir acolleu este luns as primeiras sesións do exame en formato telemático celebradas na zona sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A instalación atópase no Edificio Multiusos e está equipada con 20 ordenadores de pantalla táctil para os aspirantes e 1 ordenador central para o examinador ou persoa encargada de xestionar a proba.

A posta en marcha desta aula informatizada é froito dun convenio de colaboración asinado o pasado 15 de outubro entre o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Xefe Provincial de Tráfico de Lugo, Alberto Rodríguez Fernández, para dar resposta a unha demanda das autoescolas locais que, tal e como explicaba o rexedor, “levaban un tempo trasladando a necesidade dunha aula informatizada para desenvolver estas probas e evitar que os aspirantes acabaran tendo que desprazarse a Lugo, co prexuízo que iso conlevaría”.

Monforte convértese así no primeiro Concello da provincia de Lugo que dota un local con este equipamento. A nova aula do Edificio Multiusos, xa en marcha, dá cobertura a todas as autoescolas da zona sur da provincia de Lugo. A previsión é realizar un mínimo de 2 xornadas de exames ao mes e, entre outras vantaxes, os aspirantes obteñen os resultados en tan só dúas horas.

O Concello de Monforte investiu nesta dotación un total de 22.000€ que inclúen a adquisición e montaxe de equipos informáticos e todo o mobiliario necesario para a realización dos exames. En detalle, 15.000 euros corresponden ao gasto en ordenadores, 5.500 a mobiliario e 1.500 euros a montaxe.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...