Homesociedade'Na procura de cogomelos', nova actividade de Segredos de Pantón

‘Na procura de cogomelos’, nova actividade de Segredos de Pantón

A saída micolóxica terá lugar o vindeiro domingo 23 de novembro sendo a convocatoria para as 10:00 h. dende a igrexa de Següín. Cómpre pagar 2 euros para inscribirse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación cultural “Segredos de Pantón” informa da organización dunha actividade consistente nun percorrido entre as carballeiras e devesas do Concello de Pantón para tentar atopar diferentes clases de cogomelos e coñecer máis sobre eles. A actividade micolóxica farase baixo a dirección de Urbano, veciño de Guítara, refiren dende a entidade organizadora.

A saída será o vindeiro domingo 23 de novembro ás 10 h. e o punto de encontro a igrexa de Següín. O grupo que se pretende formar será de 30 prazas como máximo, e a xente que queira participar deberá anticipar o pago de 2 euros á hora de inscribirse. Segundo indican tamén dende a asociación, “en caso de non poder acudir estes cartos non serán devoltos”.

Cogomelo. Foto: SdP.
MEDIOS DE CONTACTO PARA FACER A RESERVA E ADIANTAR OS 2 EUROS

-Teléfono: 673 221 241 (Manuel) / 662 669 223 (Lucas)

-Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com

-Redes Sociais: Instagram e Facebook.

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...