Homesociedade'Morriñas de castaña', as galletas de castaña sen glute do Courel

‘Morriñas de castaña’, as galletas de castaña sen glute do Courel

Aproveitando a súa presenza na IX Feira Etiqueta Negra, un referente do produto gourmet galego, a marca presentou dous novos sabores: a galleta de chocolate branco con pistacho e a de chocolate negro con abelá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Morriñas de castaña S.L., unha nova firma empresarial que elabora produtos derivados deste froito típico do Courel, vén de presentar novidades na prestixiosa feira Etiqueta Negra, un escaparate comercial celebrado do 8 ao 10 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra. Concretamente, deu a coñecer ao público dous novos sabores das súas galletas gourmet elaboradas con fariña de castaña, sen conservantes e sen glute: chocolate branco con pistacho e chocolate negro con abelá.

Morriñas de castaña, nacida en Folgoso do Courel, é unha nova marca que ten detrás a historia dun obradoiro familiar que transforma a castaña, din, “co obxectivo de converter ese sabor auténtico nunha experiencia gourmet, respectando a artesanía, a calidade e a sustentabilidade”.

NOVOS SABORES QUE CHEGAN TRAS MESES DE EXPERIMENTACIÓN

Durante a presentación en Etiqueta Negra, os fundadores explicaron que estas novas galletas son o resultado de meses de experimentación nos que foron combinando no seu obrador o sabor natural e meloso da castaña con contrastes modernos e sofisticados. “A versión de chocolate branco con pistacho ofrece un perfil suave e cremoso, mentres que a de chocolate negro con abelá achega intensidade e un toque torrado”, explican.

Tanto as galletas clásicas, como estas que incorporan novos sabores, están dispoñibles en diferentes tendas gourmet de Galicia.

Galletas Morriñas de Castaña. Foto cedida pola marca.
COMPROMISO CO TERRITORIO

“Cada ‘Morriña’ leva un anaco da nosa terra… e devolve vida ós nosos soutos”, destacan desde a marca lembrando que parte dos beneficios de cada venda destínanse a proxectos de reforestación de castiñeiros en soutos galegos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...