O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, comentou na presentación do Plan de Viabilidade Invernal que “a seguridade nas estradas é un dos principais eixos do Goberno provincial e que, dado que máis da metade das estradas provinciais superan os 600 metros de altitude, estes tramos están especialmente expostos ás inclemencias meteorolóxicas”. Sinalou ademais a importancia de poder coordinar o traballo entre os medios propios da institución coas 8 empresas contratadas pola Deputación para a conservación e mantemento das vías no territorio. “A precisión de recursos está pensada para poder actuar con tres máquinas quitaneves e tres vehículos de apoio por cada zona, o que nos permitirá reducir ao máximo os tempos de resposta”, valorou.
A Deputación conta tamén cun total de 420 toneladas de sal distribuídas en 12 silos situados nos concellos de Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil. Estes silos tamén estarán dispoñibles para os 67 concellos da provincia en caso de emerxencias ou fortes temporais e cada un almacena 35 toneladas de sal de mina.
O Presidente da institución provincial lembrou tamén que o protocolo de actuación do Plan de Vialidade Invernal, para abordar as emerxencias meteorolóxicas que poidan afectar ás estradas municipais neste final de outono e inverno, está a disposición dos 67 concellos da provincia para fomentar a colaboración entre administracións.

