HomesociedadeA escritora Yashmina Shawki ofreceu unha conferencia sobre Oriente Próximo no IES...

A escritora Yashmina Shawki ofreceu unha conferencia sobre Oriente Próximo no IES A Pinguela

Foi o pasado venres, 21 de novembro e serviulle ao alumnado para coñecer a complexidade dese territorio que tradicionalmente se caracteriza pola súa inestabilidade política e social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A historiadora, xornalista e escritora Yashmina Shawki (Vigo, 1967) vén de visitar o IES A Pinguela para impartir ao alumnado de Bacharelato a conferencia “Oriente Próximo, unha achega dende a Primeira Guerra Mundial”.

A ponente trasladoulle aos estudiantes unha realidade que coñece de primeira man, tanto pola súa especialización como historiadora e analista en Oriente Próximo, en concreto no pobo kurdo, como por ter vivido coa súa nai galega e pai kurdo iraquí os seus primeiros anos en Bagdag e posteriormente a súa educación secundaria.

Yashmina Shawki. Foto: IES A Pinguela.
YASHMINA SHAWKI
Licenciada en Dereito (1992) e en Historia Contemporánea (1993) pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente é doctora en Historia Contemporánea, especializada en la historia de los kurdos, Irak, Oriente Próximo e a muller no Islam, entre outros.
Comezou a súa actividade como xornalista e como articulista de opinión en El Correo Gallego en 1996, pasando a Atlántico Diario en 1998, e a La Voz de Galicia desde 2001. Colabora en Radio Voz desde 2004, e participa regularmente no programa Galicia por diante de Radio Galega, así como coa TVG en programas como Foro Aberto, A Chave, ou Volver ó Rego, Radio Francia Internacional, etc.
OBRAS PUBLICADAS
Novela: El abrazo de la venganza (2023, Roca Editorial) co que gañou o premio
Internacional de Narrativa Marta de Mont Marçal 2023; Baghdad, a un paso del infierno. (2017, Terra Ignota Ediciones), Fundación libélula. (2011, Edicións Xerais de Galicia); e Kurdos, destino libertad. (2007, Ineditor).
Ensaio: El despertar árabe, ¿sueño o pesadilla? (2013, USC Editora), Armenios e curdos fronte ao novo imperio otomán.
Contos: Contos ao carón da lareira. (2007, Nova Galicia Edicións).
Yashmina Shawki co alumnado asistente á charla. Foto: IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...