HomesociedadeCasting de figurantes para produción audiovisual que se rodará no Courel, entre...

Casting de figurantes para produción audiovisual que se rodará no Courel, entre outras zonas de Galicia

Trátase dunha gran produción de época que busca persoas de todas as idades e perfís, con especial interese en xente maior e rostros naturais e características auténticas. O inicio da rodaxe está previsto para xaneiro de 2026.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Arrinca o casting de figurantes e pequenos papeis para unha nova produción de Vaca Films de época que se rodará en distintas zonas de Galicia, entre elas O Courel, Ribadavia, Celanova, Santiago de Compostela, Lalín, Sobrado dos Monxes e Monfero.

A convocatoria busca persoas de todas as idades e perfís, con especial interese en xente maior e rostros naturais e características auténticas. Son de interese perfís de persoas que teñan o pelo e barba longos (o cabelo sen tinguir, patillas ou peiteados clásicos, acordes coa ambientación histórica do proxecto). Tamén se buscan todo tipo de peculiaridades físicas e rostros singulares.

O inicio da rodaxe está previsto para xaneiro e o proceso está aberto a residentes en Galicia, sen necesidade de experiencia previa. As persoas seleccionadas formarán parte dunha das producións audiovisuais máis relevantes que se preparan actualmente.

INSCRICIÓNS

Para inscribirse hai que cubrir un formulario cos seguintes datos persoais: nome completo, teléfono, idade, concello de residencia, tatuaxes visibles (e foto dos mesmos), altura, talla de camiseta, pantalón e zapatos e fotos moi recentes de fronte, perfís, costas e corpo enteiro. Para acceder a el pódese facer a través da ligazón https://tally.so/r/b5VyVg ou mandar ao mail jpcastings.gal@gmail.com.

As datas dos castings presenciais anunciaranse proximamente dende Vaca Films. Pódense seguir todas as novidades e convocatorias do casting a través de Instagram en @jp_castings, onde se publicará toda a información actualizada.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...