Homesociedade"O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa" presentouse...

“O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa” presentouse aos protagonistas

O Son da Serra son as voces das persoas que nos levan polo vivido naqueles días e dalgún modo, as de todas as persoas que padeceron este desastre natural e vital. Son unha homenaxe a cada veciña e veciño da serra, unha reconciliación e unha posta en valor do que este territorio significa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel e o 17 de xullo, de noite, comezamos a gravar. Non sabiamos que chegabamos no peor do incendio, na fatídica xornada do domingo na que o lume adquiriu dimensións decoñecidas ata entón en Galicia”.

O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa é un documental sobre a Serra do Courel e o incendio que padeceu no verán do 2022. Este incendio foi a presentación en Galicia dos incendios convectivos de sexta xeración. Durante dúas semanas arrasou case 13.000 hectáreas, principalmente nos concellos de Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Quiroga, obrigando a desprazar a máis dun milleiro de persoas no que era o maior incendio da historia de Galicia ata que chegou agosto deste 2025.

A longametraxe documental dalgo máis dunha hora de duración recolle o resultado das entrevistas que se comezaron a gravar cando o incendio aínda non se dera por extinguido e cando as emocións e o medo estaban moi presentes. Seguiuse coas entrevistas ata comezos deste 2025. Entre as voces das persoas que viviron o incendio do Courel do 2022 atópanse as veciñas e veciños, rexedores locais e unha representación do servizo de extinción de incendios da Dirección Xeral de Defensa do Monte, que facilitou importantes imaxes deste incendio.  

O documental é froito da colaboración do fotógrafo, Emilio Romanos Castiñeira e Némesis Audiovisual coa dirección de Ana Belén Fernández Fernández e Paulino Rodríguez Fierro Cadórniga e a BSO de Ale González.

A longametraxe presentouse aos seus protagonistas esta fin de semana en Folgoso do Courel, nun acto no que se lles devolveu ás persoas afectadas polo incendio, o que elas entregaron cando viñan de vivir situacións moi difíciles.

Despois do visionado e coas intervencións posteriores por parte das persoas presentes, entre as que se atopaba a xornalista, Manola Porto, afectada polos incendios deste ano, confírmanse as bases nas que se asenta este traballo documental:

Documentación videográfica para deixar constancia na historia dunha das maiores riquezas medio ambientais e etnográficas de Galicia, que intentan manter as persoas que viven e traballan alí cada día coidando dun territorio que de non ser por elas estaría condenado ao abandono e ao incendio definitivo.

Sensibilizar, deixar constancia á veciñanza da serra sobre o importantes que son e sensibilizar ao resto da cidadanía sobre a singularidade dun territorio único. Hai cousas que se se perden, perderiamos tod@s moito.

Informar, dar conta do que significan este tipo de lumes, como funcionan e incentivar a formación de profesionais que traballan nestes sectores, tamén a formación veciñal, e a creación protocolos de coordinación entre a veciñanza e o servizo de extinción.

Neste ánimo, ademais de presentalo a festivais nacionais e internacionais vinculados coa natureza, o medio ambiente, a ecoloxía, a etnografía, a tradición, a paisaxe e o patrimonio,…; prepáranse presentacións en centros de ensino e outras institucións educativas e culturais.

O Son da Serra presentación Folgoso / MP

ÚLTIMAS

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...