HomesociedadeXornada de formación no SAF de Quiroga

Xornada de formación no SAF de Quiroga

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Quiroga participaron a pasada fin de semana nunha xornada formativa sobre a atención e o coidado de maiores a domicilio. A organización correu a cargo do Concello de Quiroga e a empresa Attende-Care, concesionaria do servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación tivo unha primeira parte na que a coordinadora do servizo e traballadora de Attende-Care, Galia Fernández, trasladoulles ás presentes coñecementos teóricos sobre a atención e o coidado de maiores a domicilio; e unha segunda parte de carácter práctico, coa coordinadora tamén presente, na que se fixeron certas simulacións de coidados a persoas dependentes.

Galia lembrou a importancia do SAF para os maiores do concello dependentes, do marco legal da axuda a domicilio, da financiación do servizo, da súa estrutura organizativa, de prevención e riscos, dereitos e obrigas de auxiliares e dos propios usuarios, etc.

Na segunda parte da formación, tres das auxiliares fixeron demostracións de como cambiar unha cama con usuarios/as nela, ensinaron tamén como realizar cambios de posturas, técnicas de baño e aseo, así como as manipulacións con grúa dunha cama a unha cadeira e viceversa. Para estas accións empregáronse unha cama articulada, unha grúa de traslado ou elevación e unha cadeira.

O concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández agradeceu o traballo das auxiliares, lembrou as accións que se están realizando: seguimento do servizo con reunións periódicas coa empresa, organización de formacións e charlas de interese para as auxiliares, comunicación e encontros coas traballadoras, etc.

Como remate á xornada, houbo un pequeno aperitivo que serviu de encontro distendido para o grupo de traballo.

ÚLTIMAS

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...