HomesociedadeO 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de...

O 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de Nadal no Concello de Chantada

O programa inclúe actividades orientadas a favorecer a conciliación durante estas Festas de Nadal. As familias interesadas poden anotarse a partir deste 1 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada vén de anunciar os ‘Campamentos e Obradoiros de Nadal’, actividades que teñen como obxectivo favorecer a conciliación e a creatividade da cativada.

Os Campamentos de Nadal desenvolveranse no Pavillón Municipal de Chantada do 23 de decembro ao 7 de xaneiro cun horario de 10:00 a 14:00 horas e a opción do Servizo de Madrugadores en horario de 8:00 a 10:00 h. para as familias que así o soliciten. Levaranse a cabo os días 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026.

As inscricións ábrense nas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 horas desde este luns, 1 de decembro, e alongaranse ata o día 10 do mesmo mes.

Os Obradoiros de Nadal, que se organizan por segundo ano no concello, desenvolveranse no telecentro en horario de 11:00 a 12:30 h coa seguinte axenda:

-Días 22 e 28 con actividades para nenas/os de 4 a 6 anos

-Días 23 e 30 con actividades para nenas/os de 7 a 9 anos

-Días 24 e 31 con actividades para nenas/os de 10 a 13 anos

As prazas están limitadas a 30 e cubriranse por orde de inscrición, que debe facerse tamén nas oficinas de Servizos Sociais, desde o 1 de decembro e ata completar as prazas.

Obradoiros de Nadal. Foto: Concello de Chantada.
CHAMAMENTO Á UN APROVEITAMENTO RESPONSABLE

Desde o Concello de Chantada faise un chamamento a que as nenas e nenos inscritas/os nos Campamentos de Nadal asistan ás actividades, “outros anos inscribíronse participantes que despois non asistiron ás actividades. A axenda e contratación de monitores faise contando coas inscricións recibidas. Pedimos que as persoas inscritas participen das actividades para facer un uso correcto destes recursos que son para todas/os”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

OUTRAS ACTIVIDADES PARA O NADAL

A programación de Nadal do Concello de Chantada complétase ademais coas actividades que desenvolverá a concellería de Cultura no Auditorio Municipal e na Biblioteca, ademais da celebración o 5 de xaneiro da Cabalgata de Reis co desfile das Súas Maxestades polas rúas da vila.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...