HomesociedadeMercadiño de Nadal en Bolmente, Sober

Mercadiño de Nadal en Bolmente, Sober

O local social desta parroquia acollerá este sábado unha chea de actividades para pasar unha completa xornada pre-Nadal para toda a familia.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O rural do Concello de Sober ten vida, e así o demostran iniciativas como a da parroquia de Bolmente organizando un Mercadiño de Nadal este 6 de decembro. Como en anos anteriores, o local social acollerá entre as 10:30 e as 20:30 h. diferentes postos que ofrecerán produtos alimentarios, como mel e galletas; algúns de cosmética; libros; e outros relacionados co téxtil nos que se ofrecerán aos visitantes produtos elaborados con la, crochet ou roupa de segunda man.

A programación dese ano convida a achegarse en familia e pasar a xornada completa. Deste xeito, pola mañá haberá un taller de decoración de Nadal para a cativada ás 11:30 h. e ás 12:30 h. unha sesión vermú con polbeira. E pola tarde, ás 16:30 h. está programada unha actuación de maxia a cargo do Mago Iago, e ás 18:00 h. visitará o local social o Apalpador.

Para pechar a xornada, a cantante Estefanía Fernández, participante no coñecido programa de Antena3 “La Voz Kids”, interpretará os mellores temas do seu repertorio ás 19:00 h. Podedes lembrar unha entrevista que lle fixemos en Xornal de Lemos o pasado 2024.

ACCIÓN SOLIDARIA

Ademais da programación anterior, a organización do evento fará un ‘Chocolate solidario’. Toda a recadación conseguida coa venda de chocolate quentiño irá destinada á ONG Hospitalero sin Fonteras.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...