HomesociedadeBeth Willard volve catar Ribeira Sacra

Beth Willard volve catar Ribeira Sacra

A especialista en viños Beth Willard, colaboradora habitual de Tim Atkin, volveu visitar a D.O. Ribeira Sacra os días 4, 5 e 6 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Willard xa visitara a Denominación de Orixe en novembro do pasado ano e, froito daquela viaxe, publicou as súas valoracións no recoñecido informe anual de Atkin, contribuíndo á visibilidade global dos viños e adegas destas Denominación.

Nesta nova estadía coñeceu máis de 16 adegas das distintas subzonas da D.O., combinando visitas a proxectos que xa coñeceu en 2024. Como remate participou dunha cata técnica na sede do Consello Regulador, na que se avaliou 10 viños de 3 adegas.

Desde o Consello Regulador aseguran que, “continúan abrindo portas para que os viños da Ribeira Sacra sigan gañando recoñecemento nos mercados internacionais, situándose no lugar que lles corresponde por calidade, singularidade e traxectoria vitivinícola”.

Beth Willard cata Ribeira Sacra / CRDORS

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...