Homesociedade58.000€ para a mellora de seis locais sociais en Sarria

58.000€ para a mellora de seis locais sociais en Sarria

A Xunta destina preto de 58.000 euros a colaborar na mellora dos locais sociais de seis agrupacións de veciños da comarca sarriá,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou os inmobles das asociacións Ajuilaouca e D’Carballo D’Arroxo, ambas do municipio de Sarria, para comprobar o resultado das obras realizadas.

NA primeira entidade, con sede en Goián, a intervención incluíu o peche do terreo que alberga o local social cun valado de piñeiro. Ademais, arranxáronse as escaleiras exteriores e construíuse unha rampla de acceso dotada dunha varanda.

No que respecta á asociación D’Carballo D’Arroxo, realizaron actuacións de acondicionamento na vella escola de Goimil. O proxecto contemplou a substitución da cuberta na zona que coincidía coa antiga vivenda dos mestres, que estaba moi deteriorada. Tamén se fixeron traballos de mellora da accesibilidade.

As outras asociacións veciñais da zona que resultaron beneficiarias desta mesma liña de axudas foron a de Betote e a de Manán – Mato San Salvador, no municipio de Sarria; San Mariño de Río, en Láncara; e Rivas de Miño, no Páramo.

Arias lembrou que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca anualmente estes apoios dirixidos a financiar melloras nos locais das comunidades de veciños e a comprar equipamento. O obxectivo é apoiar as actividades de interese social que desenvolven estas asociacións.

Local Goián / Delegación territorial

ÚLTIMAS

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...