HomesociedadeTaboada acolle 'Petiscos de Nadal', un evento xa referencial na Ribeira Sacra

Taboada acolle ‘Petiscos de Nadal’, un evento xa referencial na Ribeira Sacra

Este mercado de Nadal chega o sábado 20 de decembro á súa quinta edición ofrecendo produtos locais de alta calidade, artesanía e unha programación cultural para todos os públicos durante todo o día. As actuacións musicais deste ano corren a cargo do grupo The Lákazans, na sesión vermú, e de Os Carecos, pola noite.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O  mercado de Nadal da Ribeira Sacra, organizado por ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada, chega á súa quinta edición e busca consolidarse xa como evento referencial nas datas de Nadal no territorio Ribeira Sacra.

Este evento, que se desenvolverá durante toda a xornada do 20 de decembro na Praza de Riazón de Taboada, caracterízase polo seu selecto mercado de artesanía e produto local contando ademais cunha programación artística e cultural de gran calidade para todos os públicos.

En canto ao mercado, haberá postos de alimentación con produtos como mel, viño, doces, queixos, aceites, chocolates e xeados e postos de artesanía: bixutería, coiro, bonecos, decoración, etc.

AMPLA PROGRAMACIÓN CULTURAL E DE LECER

En canto á proposta cultural e de lecer de ‘Petiscos de Nadal’ haberá moitas actividades para todas as idades. Dende contacontos, obradoiros e maxia para público familiar, pasando por concertos para os maiores. Neste senso, salientar unha sesión vemú espectacular a cargo do mítico grupo The Lákazans, e outro tradicional a cargo de Os Carecos, para poñer o peche á xornada.

The Lakazans é unha banda galega de blues con traxectoria na escena musical desde 2011, ano no que un grupo de amigos decidiu iniciar este proxecto e que desde entón non deixou de medrar. Son un referente no panorama musical galego e cada vez máis presentes no ámbito estatal.

The Lákazans. Foto: cultura.gal

A entidade organizadora repartirá 3.000 rifas entre a xente que realice as súas compras no comercio local, e ao final da xornada terá lugar o sorteo dunha espectacular Cesta de Nadal.

AXENDA / HORARIOS

12:00 h. Apertura do Mercado de Nadal na Casa da Cultura.

12:15 h. Contacontos ‘Contos e Lendas’ a cargo de Velaísca.

13:30 h. Concerto en sesión vermú a cargo de The Lákazans.

16:30 h. Obradoiro de adornos ilustrados con Estudio Gnomo.

17:45 h. Actuación de maxia con ‘Mago Deimi’.

18:30 h. Sorteo dunha fantástica Cesta de Nadal con produtos artesáns.

19:00 h. Concerto de Os Carecos.

Mago Deimi, un dos espectáculos dispoñibles no ciclo Cultura no Camiño. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...