Fran Camba explicou cal é parte do traballo diario que realiza como analista de datos do equipo de Baloncesto profesional do Basquet Girona, estando no Staff Técnico de Moncho Fernández.
O relator, afirman dende o centro de ensino, “foi quen de captar a atención do alumnado asistente amosando a importancia das Matemáticas e da Estadística no coñecemento e predición do xogo e asemade propoñerlle un pequeno concurso cun agasallo final do Basquet Girona”. Así mesmo, agradecen a súa predisposición e xenerosidade para compartir como aplica os seus coñecementos ao seu traballo.
Fran Camba estudou Química e exerceu de profesor de Matemáticas no Ensino Secundario. Despois, recibiu a chamada de Moncho Fernández para incorporarse profesionalmente no Mombus Obradoiro e na actualidade no Básquet Girona, onde teletraballa dende Ribas de Sil.

