HomesociedadeUn Mercado de Nadal en Monforte familiar e musical

Un Mercado de Nadal en Monforte familiar e musical

O Concello de Monforte celebraba esta fin de semana o seu Mercado de Nadal que ten lugar na Praza de Abastos da cidade. Esta cita co comercio de proximidade contou cunha importante afluencia de público, e numerosas familias acudiron cos seus fillos e fillas para participar nos obradoiros infantís que se organizaban.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, visitaba o sábado pola mañá o Mercado, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada; os concelleiros José Luis Losada, José Manuel Mougán e Regina López. A impulsada polo Concello de Monforte que busca dinamizar o comercio de proximidade, fomentar as compras no comercio local e as actividades en familia con propostas musicais para todos os públicos.

Desta cita para dinamizar as compras participaron 16 postos de venda, nos que o público podía atopar agasallos, produtos gastronómicos, chocolate quente e doces. Durante os dous dúas desenvolveuse unha completa programación de espectáculos, obradoiros, música e un videomatón navideño 360º cunha plataforma e editar vídeos navideños.

Os máis pequenos puideron visitar unha recreación da habitación de Papa Noel e entregar as súas cartas na Praza de Abastos. Contaron ademais co espectáculo “Un Nadal chungo que te cagas”, a cargo do artista Peter Punk e a actuación de Brais das Hortas con “Consertasso na horta”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...