HomesociedadeO Apalpador visita as rúas de Monforte este 24 pola mañá

O Apalpador visita as rúas de Monforte este 24 pola mañá

A programación de Nadal en Monforte inclúe dous concertos dos grupos locais, Deloreans e Malenne, os días 26 de decembro e 2 de xaneiro. As actuacións desenvolveranse ás 20.30 horas na zona peonil da rúa Cardeal, no escenario que se instalará na contorna do cono ornamental que preside o alumeado navideño do Concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Apalpador visitará este mércores, 24 de Nadal, as rúas de Monforte para desexarlles unhas Felices Festas aos nenos e nenas da cidade. O mítico personaxe do Nadal galego, acompañado dun músico amigo seu, deixarase ver a partir das 11.30 horas, co seu abrigo cheo de remendos.

O Apalpador forma parte da tradición popular galega. Nado no Courel, a súa figura está ligada ás festas do Nadal. De oficio carboeiro, grandullón, bo, de mirada doce e longas barbas coloradas, vive dos froitos silvestres, da caza de xabaríns e recolle mel. Coas ramas dos bosques elabora os xoguetes que as madeiras esconden para agasallar aos nenos e nenas. Esta animación corre a cargo de Anxo Moure, no papel de Apalpador, e de Servando Barreiro.

Apalpador Monforte / XdL

O Concello de Monforte lembra que nestas datas organiza os Concertos de Nadal dos grupos locais para dinamizar as rúas durante estas festas, animando tamén as compras. O alcalde, José Tomé, destaca que a aposta polos grupos monfortinos “é firme, e pon en valor a creación e propostas musicais en diferentes estilos das bandas locais”.

A colaboración do Concello de Monforte cos grupos locais é constante, sendo protagonistas do Verán Cultural a través dun ciclo de concertos en diferentes espazos da cidade durante os meses de agosto e setembro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...