HomesociedadeO IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

O IES A Pinguela vén de concluír as actuacións correspondentes á creación da nova aula tecnolóxica Aula Tech Beauty, un proxecto de carácter estratéxico financiado pola Consellería de Educación con máis de 55.000 euros orientado á modernización da Formación Profesional na familia profesional de Imaxe Persoal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa se completou. O proxecto Aula Tech Beauty ten por finalidade dotar ao centro dun espazo formativo avanzado e plenamente adaptado ás esixencias actuais do sector, incorporando tecnoloxías de última xeración como sistemas de diagnóstico cutáneo e capilar con intelixencia artificial, realidade virtual e aumentada, software profesional de xestión e deseño, así como equipamento técnico especializado para o desenvolvemento da práctica profesional.

Aula Tech Beauty / IES A Pinguela

A reorganización integral das aulas destinadas á formación en estética permitirá que este novo espazo entre en funcionamento co inicio das clases tras as vacacións de Nadal, momento no que o alumnado comezará a empregar de maneira efectiva estas instalacións.
Con esta posta en marcha, o IES A Pinguela reforza o seu compromiso coa innovación, coa excelencia na formación profesional e coa adecuación permanente dos seus recursos ás necesidades emerxentes do ámbito da Imaxe Persoal.

Aula Tech Beauty / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...