Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e limpadora e agora está empregada na Residencia de Maiores de San Clodio. O seu reto é exercer de psicóloga, a súa profesión, cando poida convalidar o título. Aínda que o seu soño para ser feliz é que o seu único irmán poida vir a España pero non é posible porque os homes non poden sair do país.
O Faladoiro que se desenvolve habitualmente o derradeiro mércores de cada mes, adiántase nesta ocasión ao martes, 30 de decembro, ás 18:30h.
O Faladorio é un espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias. Neste ano que remata foron moitas as persoas que quixeron compartir un anaco das súas experiencias e situacións vividas na súa vida.
A hematóloga, Hermitas García Quiroga, falou do ictus; Teresa Taboada, responsable de “Espazo Sacro” achegouse ao ioga e outros métodos de sanación mental. Aida Marcos, veciña de Bustelo de Fisteus, tras máis de vinte anos fora regresa como muller emprendedora; a psicóloga, Mario Lillo. Rubén Gutiérrez, un enxeñeiro agrícola especializado en olivicultura e tamén cantautor baixo o nome “Peitoescuro”, tamén protagonizou as conversas deste espazo. Tamén pasaron polo Faladoiro Laura e Jeyco de ‘Terriña Salvaxe’.


