HomesociedadeActivación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de...

Activación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de incidencias que afecten á sinal da TDT

Ante a inminente tecnoloxía que chegará nos vindeiros días, o Concello de Monforte lembra que está habilitado un teléfono de atención gratuíta ao que poden recorrer os afectados de incidencias que puideran afectar ao sinal do TDT.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia 700 e 800 MHz dos principais operadores de telefonía móbil. Estas redes mellorarán a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, así como decenas de novos servizos que verán a luz nos vindeiros anos para aproveitar o gran potencial da tecnoloxía.

A prestación dos servizos móbiles nestas bandas de frecuencia pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción da sinal da Televisión Dixital Terrestre (TDT), xa que anteriormente utilizábanse para a televisión. Para solventar estas posibles incidencias, no caso de que se produzan, as operadoras de telefonía móbil poñen a disposición dos usuarios da TDT os servizos da empresa “llega700” para resolver calquera incidencia que se producira.

Por se houbese cidadáns que non estiveran ao corrente, o Concello de Monforte lembra á súa veciñanza que está habilitado un teléfono de atención gratuíta ao que poden recorrer os afectados co fin de restablecer o servizo TDT. O número de atención cidadá é o 900 833 999. Unha vez notificado o problema, un técnico cualificado da devandita empresa desprazarase ata o domicilio para solucionar a incidencia sen coste algún para os afectados.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...