A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que os nenos e nenas saúden aos Reis Magos, que chegarán cargados de ilusión e bos desexos, pero tamén de caramelos que repartirán entre os asistentes e durante o desfile polas rúas da cidade.
Alí conformarase a comitiva real, que estará integrada por catro carrozas cos reis e os paxes, coa tradicional participación do alumnado de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade, así como de diversos grupos musicais e ambientación de fantasía.
A Cabalgata comezará ás 18.30 horas dende Doutor López Suárez e avanzará cara Rosalía de Castro para facer o percorrido habitual polas rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal, Avenida de Galicia (Ponte Nova) e Campo de San Antón ata chegar á Casa do Concello de Monforte, onde serán os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde e demais autoridades e membros da corporación municipal nas escaleiras do edificio.
A continuación as Súas Maxestades lerán o discurso de dende os balcóns do Concello, finalizando a súa visita cunha recepción aos nenos e nenas na planta baixa do Consistorio.
O Alcalde anima a todos os veciños e veciñas a asistir á Cabalgata de Reis e agradece a colaboración dos centros de ensino CEIP Monforte, Escolapios, Fundación Educativa Torre de Lemos, Colexio Ferroviario e CEIP A Gándara.

