A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano na citada Academia, e de xullo a setembro no Concello de Monforte. Unha vez superadas ambas fases, os dous novos axentes tomarán posesión definitiva como funcionarios de carreira nas prazas asignadas no Concello de Monforte, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1.
Acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Inspector xefe da Policía Local, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, o Alcalde aproveitou o acto para departir cos dous novos axentes e desexarlle sorte nesta nova etapa de prácticas previa a comezar o seu traballo ao servizo da cidadanía de Monforte.

