HomesociedadeChantada fai balance dun concorrido Nadal

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

A programación destas Festas estaba pensada especialmente para pasar en familia, con actividades para o público infantil como contacontos, espectáculos musicais ou de circo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo como protagonistas aos máis cativos/as da casa. Para iso organizouse na xornada festiva do 6 de xaneiro un carrusel gratuíto para seguir gozando da ilusión que  trouxera na véspera, a Cabalgata de Reis. O desfile de Melchor, Gaspar e Baltasar acompañados dos seus paxes foi seguido por numerosas familias que remataron a xornada co encontro que as Súas Maxestades mantiveron cos nenos/as no Auditorio Municipal.

Carrusel Nadal Chantada / Concello de Chantada

Ademais das actividades culturais para pasar en familia e destinadas a público infanil, para favorecer a conciliación organizáronse os Campamentos de Nadal que se levaron a cabo no Pavillón Muncipal en horario de mañá, con servizo de madrugadores desde as 8:00h e os obradoiros creativos que tiñan lugar no telecentro.

“Nos Campamentos de Nadal tivemos 80 nenos e nenas, nos talleres creativos inscribíronse 15 nenos e todas as actividades culturais que organizamos foron seguidas por moitas familias. Este ano introducimos novidades como o carrusel e seguiremos mellorando e ampliando a oferta para facer que estas datas sexan especiais para a infancia”, asegura o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Outro dos escenarios que fai as delicias dos cativos/as é o Poboado de Nadal que ano a ano medra incorporando novas pezas e motivos decorativos ao carón da visitada casiña de Papá Noel. Para este referente do Nadal en Chantada séguense usando materiais reutilizados e de reciclaxe. “Levamos tempo apostando por unha decoración sostible nestas Festas e por incorporar novas zonas con motivos de Nadal. Chegamos a novos lugares e as propostas teñen moi boa acollida, seguiremos nesa liña de poñer agradable e acolledora a vila para que a xente veña a Chantada e dinamizar o comercio e a hostalaría”, conclúe o rexedor.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...