HomesociedadeO 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no...

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

As bases do programa foron publicadas este sábado no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 12 de xaneiro, ás 12 da mañá, ata o 16 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia, o programa de viaxes gratuítas da institución provincial que nesta nova edición ofrece máis de 3.000 prazas.

O programa mantén a oferta de 44 rutas polos 67 concellos da provincia, ás que se engaden 7 rutas accesibles deseñadas especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física. Como novidade, nesta nova edición priorizaranse as entidades que non participaron en convocatorias anteriores, garantindo así a oportunidade de acceder ao programa a novos colectivos, que poderán solicitar entre 15 e 23 prazas para realizar as excursións.

O Coñece a túa Provincia está dirixido a todas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede na provincia de Lugo.  Deben presentar unha única solicitude, que poden enviar vía telemática a través da sede electrónica da Deputación; entregala no Rexistro da Deputación previa cita telefónica; en calquera dos rexistros que menciona a Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A orde de prelación da listaxe de entidades admitidas establecerase conforme á de presentación das solicitudes no correspondente rexistro, segundo data e hora que figure na documentación, ata esgotar as prazas dispoñibles. A relación de entidades admitidas e en lista de agarda, se a houbera, publicarase no BOP.

A excursión concedida a cada entidade beneficiaria do programa incluirá o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, servizo de guía oficial de turismo e as entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

O programa conta cun orzamento de máis de 200.000€, o que supón un investimento de 67,40€ por persoa que repercute en beneficios para os concellos, ao fomentar o turismo de proximidade e dinamizar a actividade económica local.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...