HomesociedadeInformación ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de axentes ambientais adscritos ao concello, e dentro do Distrito VIII-Terra de Lemos, ofrece atención aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11:00 a 13:00 h na Casa do Concello. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á veciñanza da Pobra do Brollón sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes, co obxectivo de achegar a administración autonómica á cidadanía. Trátase dun servizo que vén funcionando dende hai un tempo e que calquera veciño ou veciña do concello pode usar sen necesidade de solicitar cita previa.

ALGÚNS SERVIZOS QUE SE OFRECEN

-Xestionar permisos de queima e de corta para uso doméstico.

-Asesoramento e información sobre distancias en plantacións e a xestión de biomasa forestal para a prevención de incendios forestais.

-Información xeral relacionada coa masa forestal e a tramitación administrativa.

Tamén se ofrece atención telefónica nos seguintes números: 609 284 915 (Felipe), 609 968 769 (Javier) e 982 889 122 (oficina central do Distrito VIII-Terra de Lemos).

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...