HomesociedadeComeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Este mércores tivo lugar a primeira xuntanza para organizar a XLIV Feira do Viño de Quiroga. Unha primeira reunión á que acudiron traballadores municipais, adegueiros da subzona e o propio rexedor local, José Luis Rivera.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación do viño de Quiroga que se celebrará o 4 e 5 de abril.

Por diante queda un longo traballo e varias xuntanzas ata que remate de perfilarse todo o que engloba a Feira do Viño, dende os seus prolegómenos coas bases para o concurso de carteis promocionais ata os actos a desenvolver os propios días nos que se leve a cabo xa en Semana Santa.

O rexedor local, que presidía a xuntanza, non quixo adiantar ningún dos actos por estar todo aínda sen pechar; e porque ademais estase traballando paralelamente noutra importantes cita para Quiroga como é a Mostra do Aceite, que se celebrará o 14 e 15 de marzo.

ÚLTIMAS

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...