HomesociedadeIrmandamento entre a Catedral da Beira en Moçambique e a Igrexa de...

Irmandamento entre a Catedral da Beira en Moçambique e a Igrexa de Santa María do Burgo de Caldelas

O achegamento destas dúas parroquias levounas a asinar un acordo para realizar accións de colaboración entre elas, algunhas relacionadas coa lingua galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A igrexa de Santa María do Burgo de Caldelas asinou meses atrás un acordo coa Parroquia de Nossa Senhora do Rosário da Catedral da Beira de Moçambique polo que ambas se comprometían a realizar accións en común. Algunhas das xa realizadas foron, por exemplo: a colaboración no lectorado de galego da Universidade Católica de Moçambique achegando libros, a presentación do misal romano en galego na Arquidiócese da Beira, e a participación de curas da diocese africana na festa dos Remedios de Castro Caldelas.

O ofrecemento de irmandamento partiu, en agosto de 2025, da Parroquia de Santa María do Burgo de Caldelas. Na carta remitida referían que “non só nos une a nosa fe cristiá católica, senón tamén a nosa lingua, o galaicoportugués, lingua romance que se falaba no nordeste da península ibérica durante a Idade Media e que co tempo evolucionaron de xeito diferente dando lugar ás linguas que coñecemos hoxe como galego e portugués”. E abondaban que este encontro tiña que ir máis alá dun “sinxelo xesto”, sinlando que “implica un compromiso  mútuo de apoio, colaboración e crecemento conxunto”. Neste senso propoñíase compartir experiencias pastorais, culturais e sociais.

Meses máis tarde, concretamente en outubro, chegaba a misiva de contestación da Parroquia da Nossa Senhora do Rosário da Catedral da Beira de Moçambique: “É com entusiasmo que acolhemos esta iniciativa, que consideramos uma verdadeira bênçao e uma oportunidade de estreitar os laços de fraternidade, partilha espiritual e colaboraçao pastoral”. Aceptando a proposta recibida coincidían en que esta comuñón parroquial axudará ao enriquecemento mútuo e a medrar xuntos na fe. Tamén sinalaban estar abertos a dialogar, fixar obxectivos comúns e organizar encontros para fortalecer a comuñón.

Presentación do Misal Romano en lingua galega. Foto: M. Carrete.
PRIMEIRO TEXTO EN LINGUA GALEGA

Dende a parte galega afirmaban na carta remitida que “o primeiro documento coñecido escrito en lingua galega é orixinario da nosa comunidade parroquial ‘O Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas‘, un documento redactado en galego en abril do ano de 1228 por un notario da vila alaricana. Neste texto o rei Alfonso XIII de Castela outorga ós cidadáns desta poboación os seus foros e regula o seu réxime contributivo e de dereitos”.

Desde Moçambique, e coñecendo a devandita información recibida, poñen en valor que sexa en Santa María do Burgo de onde provén o primeiro texto en lingua galega que se coñece, lingua común no galaico-portugués.

ÚLTIMAS

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...