HomesociedadeCaurelor protagoniza primeiro Faladoiro do ano en Quiroga

Caurelor protagoniza primeiro Faladoiro do ano en Quiroga

O protagonista do primeiro Faladoiro do ano no Centro Social de Quiroga será Daniel Arza, de Caurelor, unha empresa local que leva 20 anos adicada á venda de castañas e a elaboración de marmelada

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Caurelor naceu como un proxecto de parella para elaborar produtos 100% de maneira artesanal e ecolóxica partindo dun produto do que xa dispoñían, as castañas. A súa filosofía é traballar de maneira artesá, co mínimo proceso de transformación e sen utilización de conservantes nin químicos.

Verónica e Daniel, Caurelor, ampliaron o produto que ofrecen con base de castañas: castañas cocidas, crema de castañas e crema de castañas con chocolate; a marmeladas, zumes e mel. Así ofrecen marmeladas de ameixas, marmelo, cereixas, pexegos, froitos vermellos, moras, arandos e figo chumbo. Todas elas en dúas versións: con azucre e sen azucre engadido. Elaboran zume de cereixas, arandos silvestres e moras silvestres; e mel multifloral de alta montaña.

Un bo número de produtos da contorna que venden online, en tendas, pero sobre todo nas numerosas feiras ás que acoden e que lles permite o trato directo cos compradores. Trato directo que tamén manteñen coas numerosas visitas e excursións que reciben no seu obradoiro onde lle amosan a maneira de elaborar produtos únicos cun sabor inconfundible pola súa natureza e a preparación exquisita, que foron merecedores de varios premios e que converten á firma en referente en Galia e fora da nosa comunidade.

O Faladoiro, que se levará a cabo o mércores 28 de xaneiro a partir das seis da tarde, é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá, moderado polo concelleiro Xosé Manuel Fernández. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...