A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha cita plenamente consolidada na provincia que, segundo destacou, “é unha celebración do que somos e unha mostra de como Galicia pode mirar ao futuro sen renunciar ás súas raíces”.
Durante a xornada, na que estivo acompañada polo alcalde da vila, Claudio Garrido, a subdelegada puxo en valor o esforzo colectivo que hai detrás desta feira, orientada á conservación e promoción dunha raza autóctona tan significativa para Galicia como o Porco Celta. Neste senso, subliñou que non é casualidade que Lugo sexa a provincia con maior número de produtores, “porque aquí hai coñecemento, compromiso e unha aposta clara pola calidade”.
Olimpia López destacou tamén a importancia do sector gandeiro e agroalimentario como eixe vertebrador do país, lembrando que detrás dun produto recoñecido e de excelencia hai o traballo diario de gandeiros e gandeiras, cooperativas e pequenas empresas que permanecen no territorio e manteñen vivo o tecido produtivo local. Desde esta perspectiva, remarcou o apoio e defensa do Goberno de España para ofrecer seguridade e estabilidade ao sector, ao consideralo clave para a creación de emprego de calidade, a fixación de poboación e a cohesión social.
- Advertisement -

