HomesociedadeClausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Participaron 84 alumnos de 4º da ESO e Bacharelato de 11 centros educativos de Lugo e Ourense, entre eles 8 do IES Río Cabe, que colaborou na organización do evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da Fase Galega da Olimpíada de Xeoloxía, que nesta XVII edición fixou en Monforte unha das súas 4 sedes en Galicia. O campionato celebrouse este mércores simultaneamente no Xeoparque do Cabo Ortegal, Santiago, Vigo e Monforte, e os estudantes que obtiveron as dúas mellores cualificacións en cada sede obteñen con este premio o seu pase á Fase Española, que terá lugar o 21 de marzo en Vigo (Pontevedra).

No caso de Monforte, a actividade contou coa colaboración do Concello de Monforte a través da cesión da Casa da Cultura para o desenvolvemento das probas, unha visita á Torre da Homenaxe para os participantes e os docentes que os acompañaron e un obsequio para cada un deles. En total, Monforte acolleu a 84 estudantes procedentes de 11 centros educativos das provincias de Lugo e Ourense. A representación monfortina contou con 8 alumnos do IES Río Cabe, que colaborou na organización do evento.

Na súa intervención na clausura e entrega de premios, a Tenente Alcalde Gloria Prada felicitou a todos os participantes e amosou a súa satisfacción por acoller en Monforte unha proba destas características.

A XVII Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. Está dirixida á alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato que se enfronta a unha proba práctica grupal e a unha proba teórica individual consistente nun test.

“Iniciativas como esta son sempre enriquecedoras”, engadiu a Tenente Alcalde, que agradeceu á AEPECT e á súa representante na Olimpíada, Belén Pérez, que escollera Monforte para a celebración destas probas. Tamén tivo palabras de agradecemento para todos os docentes e, en especial, para o IES Río Cabe e a docente María Padrón, que se involucrou na organización do evento.

Estudantes premiados

Mellor equipo: Laura López Núñez, Lucía Álvarez González, Adrián Rodríguez Ruiz e Gabriel Guede Gómez, do IES Xesús Taboada Chivite (Verín).

1º clasificado: Gabriel Guede Gómez, do IES Xesús Taboada Chivite (Verín).

2ª clasificada: Lúa Muíño rega, do IES Xoán Montes (Lugo).

3ª clasificada: Ariana Rodríguez Rivera, do IES Universidade Laboral (Ourense).

Accésit 4º ESO: Marcos Ferreiro Fírivida, do IES Castro de Baronceli (Verín).

Xeoloxía premiados e docentes / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...