Homesociedade263.000 euros para mellorar a comunicación por estrada entre Samos e Sarria

263.000 euros para mellorar a comunicación por estrada entre Samos e Sarria

A Deputación Provincial actuará na LU-P-5602 de Samos a Sarria por Pintín e na LU-P-5702 de Pedrafita a Vilanova de San Vicente de Froián por Sabadelle; mellorando un total de 5 quilómetros.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno da Deputación aprobou en Xunta de Goberno destinar un máximo de 263.000 euros á mellora destas vías, dúas eixos fundamentais para as comunicacións dos veciños da comarca.

A LU-P-5602, que atravesa as parroquias de Calvor, Aguiada e San Mamede do Camiño, é empregada acotío por uns 300 veciños da zona, así como por peregrinos pois atópase ao pé do Camiño Francés. As obras, que se executarán nun treito de 2 quilómetros, dende o punto quilométrico 15,5 ata o 17,5, engádense as xa executadas con 173.000 euros entre os puntos 11,8 e 15,4.

A LU-P-5702,comunica os Concellos de Sarria e Samos conectando con máis de 5 núcleos nos que viven unhas outras 300 persoas. Estas son: O Mato, Santo Estevo, San Vicente de Froián, Suñide e Teibilide. Os traballos executaranse nos 2,6 quilómetros que constitúen a parte provincial desta vía, dende o punto quilométrico 0 ao 2,6.

Os traballos consistirán nas mellora do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e o incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización vertical e o repintado da horizontal.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...