HomesociedadeA fadista María do Ceo, pregoeira da Feira do Viño de Amandi

A fadista María do Ceo, pregoeira da Feira do Viño de Amandi

O concello segue apostando por persoas de recoñecido prestixio en diferentes ámbitos para dar o pregón o día grande da Feira do Viño de Amandi.

Publicado o

- Advertisement -

A fadista María do Ceo será a pregoeira da XXXIX Feira do Viño de Amandi, que se celebrará o 13 e 14 de abril, fixando o pregón para o 14 de abril ao mediodía. María do Ceo xa estivo en Sober por dúas ocasións, no 2016 presentou o seu álbum ‘De Portugal a Galicia fado’ e o ano pasado, ‘Cancións para nenos e nenas’.

María do Ceo é considerada pola crítica, a sucesora de Amália Rodrigues. Embaixadora da cultura galega en todo o mundo, a súa destacada carreira internacional está enraizada no fado como inspiración básica e amosa esa identidade cultural luso-galaica que María do Ceo representa.

Como pregoeiros da Feira do Viño de Amandi relacionados co mundo da música tense contado con artistas da talla de Rosa Cedrón, Carlos Núñez e Cristina Pato. “Pregoeiros do mundo musical, xa que o Amandi e a Banda de Sober son dúas referencias do noso Concello”, precisa o alcalde, Luis Fernández Guitián.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...