“Entroido en movemento” ou “Roteiro de Entroido”, así se podería definir o CARNABAR, unha nova iniciativa dinamizadora e de lecer que se estrea este sábado 14 de febreiro na cidade de Monforte.
A ocorrencia chega da man do almacén cultural Colectivo Vermut coa intención de festexar o entroido, escapar da climatoloxía depresiva que nos está tocando estas semanas e sobretodo para pasalo moi ben. Para iso, deseñouse un percorrido por diferentes bares do centro de Monforte e convidouse a participar disfrazados e abrirse a sorpresas que non se desvelaron polo de agora. O que si se sabe é que acompañará a comitiva DJ Lechu, encargado de marcar o ritmo da noite.
PERCORRIDO
A saída, programada para as 19:30 h., partirá do KM-0. A seguinte parada, o Tributo, na Praza España ás 20:30 h. E xa despois, por este orde: Bar Plaza ás 21:30 h; Capitol + Adega de Carlos ás 22:30 h; Garden ás 23:30 h; e o fin do roteiro ou meta, AWA ás 00:30 h.

COLECTIVO VERMUT
O Colectivo Vermú de Monforte, autoconsiderado como “almacén cultural”, é unha asociación de Monforte que desenvolve actividades culturais e dinamizadoras na cidade. Ademais de por organizar o Mercadiño Solidario de Nadal no Club Fluvial de Monforte, son coñecidos por impulsar estes outros eventos: “Salvemos A Fraternal” ou “San Xoan nos Chaos”.

