HomesociedadeCelebración do Entroido no Concello do Saviñao

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Este domingo será a festa infantil e o martes 17 terá lugar o tradicional desfile de comparsas e disfraces.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan por festexar dúas datas importantes de entroido para o Concello do Saviñao.

Este domingo 15 ás 17:00 h. farase a Festa Infantil, unha celebración pensada especialmente para a cativada con postos de perritos e flecos de millo, inchables, coches de choque e desfile de disfraces.

E para o martes 17 queda o desfile de comparsas e disfraces con premios, pancetada e chocolatada con churros para todos e todas. E para o fin de festa, gran verbena coa orquestra Manhattan.

No que se refire a premios, a organización estipula os seguintes:

Para Comparsas, de máis de 7 membros, haberá premios para os tres primeiros que consistirán en diplomas e cea para os grupos en restaurantes de Escairón. E para disfraces individuais, de menos de 7 membros, haberá premios para os dous primeiros con cadanseu diploma e cea como na categoría anterior. No caso das comparsas haberá cea final de desfile para todos e todas as participantes, mentres que para os disfraces individuais a organización sinala que haberá ‘premios especiais’.

Os restaurantes que ofrecen a cea de entroido son os seguintes:

Restaurante A Maruxa, Restaurante Avenida, Campeliños, O Ruso, Torre Vilariño e Tres Portas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...