HomesociedadeSober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O Concello de Sober presenta a proposta gañadora do concurso de carteis da XLVI Feira do Viño de Amandi, titulada ‘Amandi. Un viño de cine’ da autoría da deseñadora de Begonte Marta Luisa Silvarrey. Tamén dá a coñecer concertos, presentacións de libros, probas deportivas, catas, maridaxes e xornadas técnicas, do Mes do Amandi, actividades previas á celebración desta festa declarada de Festa de Interese Turístico Galego

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de Xabrega, xunto coa programación do mes do Amandi e o programa de actividades da XLVI Feira do viño de Amandi. A Feira vaise celebrar os días 27, 28 e 29 de marzo. O Concello convidado de honra será o Concello de Ribas de Sil.

ACTIVIDADES DO MES DO AMANDI

  • Domingo, 1 de marzo: Ás 12:00 horas Circuíto Comarcal de Cros escolar. Carreira de SOBER, no entorno do Santuario de Cadeiras. Programa Xogade da Xunta de Galicia.
  • Martes, 3 de marzo: Ás 18:00 na Biblioteca Pública Municipal Presentación do libro “NIÑO DE BARRO Y SU METAMORFOSIS” de Esteban Jiménez. Organiza: Club de lectura Pintor de Castinandi.
  • Sábado, 7 de marzo: Ás 19:00 horas na Igrexa de Santa María de Proendos CONCERTO do Grupo Vocal SOLO VOCES de Lugo.
  • Mércores, 11 de marzo: Ás 12:00 horas Irmandamento coa FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA na Escola de Hostalería de Rosende. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e Festa da Filloa de Muimenta.
  •  Venres, 13 de marzo: Ás 17:30 horas os participantes nas MERENDAS CON CONTOS visitaran viñedos de Viticultores do Amandi.
  • Venres, 13 de marzo: Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural PRESENTACIÓN DO LIBRO “ÁRBORES SENLLEIRAS DO ARCIPRESTAZGO DE AMANDI-CONCELLO DE SOBER” de Uxía Garcés Ojea, Antonio Rigueiro Rodríguez, Gaspar Bernárdez Villegas e Rosa Mosquera Losada. Edita: GDR Ribeira Sacra -Caurel
  • Domingo, 15 de marzo: Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober CINE-CONCERTO, O HEROE DO RÍO de Buster Keaton coa música en directo de CASPERVEK. Organiza. Sociedade Filarmónica de Monforte.
  • Martes, 17 de marzo: Ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Presentación do libro “QUEDA MOITO QUE SACHAR. A literatura galega nunha caixa de zapatos” de Xosé Manuel Del Caño. Organiza: Editorial Embora e Club de lectura Pintor de Castinandi.
  • Xoves, 18 de marzo: De 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende, Xornada de Maridaxe: VIÑO DE AMANDI con produtos de IXP GRELO DE GALICIA e  IXP LACÓN DE GALICIA. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e AGACAL.
  • Sábado, 21 de marzo: Pola mañá: Andaina circular polas parroquias de Proendos, Millán e Rosende. Organiza: Asociación O Colado do Vento.
  • Sábado, 21 de marzo: Ás 19:30 horas na CASA MUSEO GENIA TRIGO de GUNDIVÓS CONCERTO de GUITARRA a cargo de GONZALO PEÑALOSA. Organiza: Xuventudes Musicais de Sober
  • Martes, 24 de marzo: Ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal. Presentación do libro “CONTIGO MUERE TU SECRETO” de FERNANDO HERNÁNDEZ. Organiza: Club de lectura Pintor de Castinandi.
  • Martes, 24 de marzo: De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober “V CONCURSO DE CATA POR PARELLAS”. Organiza: Fundación Belarmino Fernández.
  • Mércores 25 de marzo: Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober. XORNADA TÉCNICA e CATA “Variedades resistentes a enfermidades: un futuro prometedor para o viñedo”. Coordina: Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León e o enxeñeiro Alfonso Losada.
  • Xoves, 26 de marzo: Ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Sober. XORNADA TÉCNICA e CATA “No/Low, high level: viños sen alcol que xa non son un plan B”. Coordina: BevZero e o enñexeiro Alfonso Losada.

OUTRAS ACTIVIDADES:

  • TALLER DE CAMPO. Do 13 ao 15 de marzo na Casa Grande de Rosende realizarase o Taller de Campo: PAISAJE Y HORIZONTE “Claves de la edición fotográfica” con JOSÉ GUERRERO. Organiza: La Plantación
  • ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS 8-M. Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober organízanse varias actividades no mes de Marzo para conmemorar o 8-M.
  • EXPOSICIÓNS: Do 20 de marzo ao 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI.
  • CATA DE VIÑOS: Cun xurado profesional integrado por enólogos e sumiliers, celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2025, un premio para viños brancos da anada de 2025, un premio para viños rosados da anada 2025, un premio para viños tintos de anadas anteriores a 2025 e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra
  • CONCURSO DESEÑO DE CARTEIS: Presentáronse 20 orixinais chegados de diferentes puntos do estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio o traballo titulado AMANDI, UN VIÑO DE CINE presentado por MARTA LUISA SILVARREY CASANOVA de BEGONTE.

ÚLTIMAS

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...