A declaración tamén incluiría a realización dunha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello na que o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.
Esta declaración, solicitada dende o Equipo de Goberno, ben sustentada na importancia que a escritora galega Rosalía de Castro tivo e ten en Galicia. Por entender que a difusión do coñecemento da súa figura, a súa obra e o seu pensamento é necesario para que as quiroguesas e os quirogueses, en especial as xeracións máis novas, sexan conscientes de que a súa palabra feita poesía ou prosa foi e será un dos procedementos máis eficaces para fomentar a igualdade, o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
O 23 de febreiro é, segundo se destaca na moción presentada en pleno, unha ocasión inmellorable para difundir a figura, obra e pensamento de quen non dubidou en exhibir o orgullo de quen somos, reclamar o recoñecemento da nosa lingua como expresión xenuína do pobo galego, mostrar a valentía de denunciar as discriminación das mulleres e apostar por unha sociedade libre e igualitaria.

