Homesociedade200.000 euros para ampliar as instalacións do IES Val do Asma de...

200.000 euros para ampliar as instalacións do IES Val do Asma de Chantada

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, estivo no centro para manter un encontro cos representantes da ANPA e do equipo directivo co fin de explicarlles a intervención prevista e os prazos para rematar as obras.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destinará 200.000 euros para acometer obras de ampliación e mellora das dependencias dos ciclos formativos de grao superior de formación profesional dual. Estes ciclos desenvólvense no Instituto de Educación Secundaria Val do Asma de Chantada en colaboración coa cadea hoteleira Hotusa, empresa que está dinamizando o mercado laboral nesta vila.

En concreto, construiranse dúas novas aulas cun núcleo de aseos, cunha superficie aproximada de 130 metros cadrados útiles próxima aos talleres existentes. Actualmente estase traballando na elaboración do proxecto coa previsión de licitar as obras este mesmo ano para que se executen no vindeiro curso.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que a Consellería de Educación aposta pola formación profesional para a mellora dos niveis de inserción laboral da mocidade e valorou así mesmo a modalidade dual do centro educativo chantadino que combina a formación curricular nas aulas coa formación complementaria que ofrecen as empresas colaboradoras.

Balseiro sinalou que as obras no Val do Asma están enmarcadas no plan de dotación de infraestruturas educativas 2016-2021 e gabou a boa marcha do IES chantadino pola súa oferta formativa: formación profesional básica de mantemento de vehículos, un ciclo de grao medio en electromecánica de automóbiles e outro superior en administración e finanzas, ademais das etapas de ESO e Bacharelato; e tamén pola súa participación en distintos programas da Consellería de Educación e programas educativos europeos como o Erasmus.

O delegado lembrou para rematar que a Consellería de Educación destinou nos últimos meses máis de 112.000 euros a obras de mellora dos catro centros educativos de Chantada, o propio Val do Asma, coa distribución de espazos para a FP básica, así como o IES Lama das Quendas, e os colexio Xoán de Requeixo e Eloísa Rivadulla, onde se acondicionará proximamente unha soleira para parque infantil.

ÚLTIMAS

A Deputación aproba por unanimidade o reparto de 22M€ do Plan Deputación aos 67 concellos da provincia

Este programa de investimentos inxecta 25M€ de fondos públicos no tecido socioeconómico da provincia,...

O BNG de Monforte esixe responsabilidades ao goberno municipal tras a sentenza firme en favor do profesorado do Conservatorio

Con esta resolución, a sentenza do TSXG faise firme, establecendo un importante precedente legal...

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, inviste máis de 545.000 euros na Comarca de Lemos

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, realizou distintas actuacións para optimizar a calidade e...

A acusada de prostituír á súa filla en Monforte asegura que era ela a que mantiña relacións sexuais cos homes

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes o xuízo contra un home e unha muller...