A formación que xa comezou a finais de febreiro está impartida por Ruth Díaz Amor. As clases son presenciais, na Aula UNED de Monforte, todos os martes, de 17.00 a 19.00 horas, o que supón un total de 15 sesións de dúas horas. O prezo da matrícula é de 50€ e o prazo de inscrición está aberto ata o 19 de marzo, a través do correo electrónico monforte@lugo.uned.es, no que tamén se ofrecerá máis información sobre o curso.
O rexedor anima as persoas maiores de 55 anos interesadas en mellorar os seus coñecementos a rexistrase nesta iniciativa que, “ademais de ofrecer aprendizaxes e un mellor coñecemento do entorno cultural, favorece a comunicación, as relacións sociais e o encontro interxeracional”. A UNED de Monforte supera por primeira vez as 100 inscricións na súa oferta académica.
O curso ofertado céntrase na gran concentración de patrimonio histórico, cultura e natural da Ribeira Sacra e fai un repaso pola súa historia co fin de entender o que é hoxe este territorio, candidato a formar parte do catálogo de lugares Patrimonio Mundial da Unesco.
A través das diferentes sesións formativas, e cunha metodoloxía centrada na reflexión, a observación, a comparación e o análise, o alumnado poderá identificar os principais referentes do patrimonio histórico-artístico da Ribeira Sacra, a cronoloxía histórica, a terminoloxía histórica e artística de cada período, e os características estilísticas asociadas a cada período.

