HomesociedadeConcentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A convocatoria busca honrar a memoria dos traballadores Amador Rei e Daniel Niebla, asasinados pola policía franquista en Ferrol no ano 1972 durante as mobilizacións obreiras, un feito que marcou a historia do movemento obreiro galego e deu lugar á conmemoración desta data.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na Praza de España de Monforte con motivo do Día da Clase Obreira Galega, unha xornada de lembranza e reivindicación da loita da clase traballadora en Galiza.

A concentración pretende poñer o foco na situación actual da clase traballadora, “marcada pola precariedade laboral, os baixos salarios, o aumento do custo da vida e as dificultades para que moitas persoas, especialmente a mocidade, poidan desenvolver un proxecto de vida digno na súa propia terra”.

Desde a organización fan un chamamento á participación da cidadanía para “defender o traballo digno, os dereitos laborais e un futuro con máis xustiza social para Galiza”. E convocan á veciñanza da comarca a participar nesta “xornada de memoria, reivindicación e mobilización”.


ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

A UNED de Monforte estrea o Programa Sénior

A formación que xa comezou a finais de febreiro está impartida por Ruth Díaz...