HomesociedadeO BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

O BNG de Pantón homenaxea cunha ofrenda floral a Cándida Fernández “por ser quen de derrubar moitos teitos de cristal que aínda seguen vixentes”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos de recoñecemento, así como o estudo e recuperación da súa memoria e posta en valor da súa vida, cando nun tempo prohibido para as mulleres acabou por ter acceso á ciencia e a uns coñecementos que estaban prohibidos para as mulleres da época

Cándida Fernández emigrou, trasladándose a Madrid e Cuba, tempos nos que traballou para diferentes persoeiros do mundo diplomático e científico. Así comezaría a súa relación coa ciencia, en contacto con científicos de sona mundial como Albert Einstein, de quen foi “ama de chaves’, por exemplo.

Cos anos Cándida volvería ao seu berce, Fonte Pedre, no concello de Pantón. Hoxe fica soterrada do cemiterio parroquial de San Martiño de Siós onde o BNG realizou unha ofrenda floral. Entre os asistentes estaba o Grupo Municipal do BNG e a responsable de igualdade e a portavoz municipal, “porque en Pantón o BNG promove activamente a participación feminina, como amosan as nosas listas”, lembran as nacionalistas pantonesas.

ÚLTIMAS

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...