HomesociedadeChantada celebra o 8 de maio a III Festa da Xuventude

Chantada celebra o 8 de maio a III Festa da Xuventude

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Xuventude, organiza unha nova edición da Festa da Xuventude que botaba a andar fai tres anos co obxectivo de ofrecer actuacións musicais gratuítas especialmente pensadas para as persoas mozas, pero abertas á participación de todas as idades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta proposta dinamízase tamén o centro da vila e a xuventude pode gozar doutras alternativas de lecer nocturno. “Seguimos con esta proposta no mes de maio, despois de celebrar a primeira edición en abril. Maio ofrécenos días máis longos e previsiblemente unha climatoloxía mellor para celebrar estes concertos no exterior”, explica a concelleira de Xuventude, Belén Vázquez Caseiro, que insiste en que a Festa está pensada para todas as persoas que se sintan novas e lles apeteza gozar deste tipo de lecer nocturno.

Na xornada do 8 de maio desde as 20:30h. haberá actuacións musicais en diferentes espazos ata ben entrada a madrugada coa seguinte axenda:

  • De 20:30h. a 23:00h. a charanga Mekanika Rolling Band levará a música polas rúas da vila.
  • De 23:00h. a 02:00h. a Orquestra Panorama actuará na rúa Xoán XXIII
  • De 02:00h a 05:00h a Orquestra La Fórmula ofrecerá a súa actuación na contorna do Pavillón Municipal

A proposta ábrese ademais á xuventude e persoas interesadas da contorna. Para facilitar a súa participación establécese un ano máis o servizo de Noite bus. Nesta ocasión e en base a experiencia e demanda das anteriores edicións establécense 4 rutas para chegar á Festa da Xunventude. Os autobuses farán as rutas de regreso ás 5:00h. O teléfono de contacto do servizo de Noite bus é o 608 185 438.

  • Ruta 1 con saída de Antas de Ulla ás 21:00h pasando polos concellos de Monterroso e Taboada
  • Ruta 2 con saída de Monforte de Lemos ás 22:00h e facendo parada en Escairón
  • Ruta 3 con saída de Antas de Ulla ás 21:00h, pasando por Agolada, Lalín e Rodeiro
  • Ruta 4 con saída ás 22:00h da Barrela.

ÚLTIMAS

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación...

Máis de 230 persoas participan o 15 de marzo no V Xacorun Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, interviu na presentación da proba xunto con...