HomesociedadeO Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por...

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou as obras de mellora que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar na estrada N-120 ao seu paso polo Concello de Quiroga, unha actuación na que o Goberno inviste 3,2 millóns de euros para a rehabilitación do firme.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor que o Goberno está a realizar para reparar e modernizar a rede de estradas do Estado na provincia de Lugo, prestando especial atención aos tramos que presentan un maior desgaste”. Ademais, engadiu que neste tramo de actuación están a traballar máis de 20 persoas e 6 camións para reparar a estrada “canto antes”.

Os traballos consisten principalmente no fresado do pavimento existente e na posterior reposición e reparación do firme, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e incrementar a seguridade nun dos tramos que máis sufriu o intenso uso da vía e as condicións meteorolóxicas dos últimos meses.

A subdelegada lembrou que as intervencións comezaron en canto as condicións meteorolóxicas o permitiron, despois dun período excepcionalmente adverso marcado por case tres meses consecutivos de borrascas e episodios de choiva intensa, que dificultaron a execución de traballos de conservación viaria.

A subdelegada asegurou que o Goberno é plenamente consciente do malestar expresado por condutoras e condutores neste tramo, explicando que “somos sensibles ás necesidades da veciñanza e das persoas que utilizan diariamente esta estrada, por iso estamos a actuar con decisión para mellorar os tramos máis deteriorados”, afirmou.

ÚLTIMAS

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...