Homesociedade'Fóra Stocks Monforte', grandes oportunidades e 500 € en premios

‘Fóra Stocks Monforte’, grandes oportunidades e 500 € en premios

O evento, que promove o Centro Comercial Urbano (CCU), celebrarase os días 14 e 15 de marzo no espazo anexo da Praza de Abastos. A cita preséntase como peche da tempada de rebaixas e como unha boa oportunidade para atopar produtos de calidade a prezos especialmente interesantes.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Esta fin de semana, 14 e 15 de marzo, terá lugar unha nova acción dinamizadora do comercio local en Monforte. Dezaseis establecementos asociados ao CCU poñerán á disposición do público unha ampla selección de artigos de final de tempada con descontos moi atractivos. Así, pois, veciñanza e visitantes da cidade poderán atopar moitos produtos de diferentes sectores: moda, calzado, complementos, bebé, decoración, lenzaría e máis.

Fóra Stocks Monforte preséntase, en palabras dos organizadores, “como o gran peche da campaña de rebaixas no comercio local da cidade, concentrando nun único espazo unha oferta moi competitiva e xerando unha oportunidade perfecta tanto para a clientela habitual como para quen queira achegarse a Monforte na procura de boas compras”.

500 € EN XOGO REPARTIDOS EN TRES PREMIOS

Un dos grandes atractivos desta edición será ademais o sorteo presencial de 500 euros en vales regalo que se repartirán en tres premios de 300, 150 e 50 euros. Tres persoas que pasen e merquen nos postos do espazo expositivo da Praza de Abastos poderán levar un destes premios entrando no sorteo anterior coas papeletas entregadas polos establecementos, e que deberán ser cumplimentadas cos datos persoais e depositadas nunha urna. A distribución dos vales farase do seguinte xeito: para o premio de 300 € (6 vales de 50€), para o de 150 € (3 vales de 50€), e para o de 50 € (1 vale de 50€).

O sorteo celebrarase o domingo 15 de marzo ás 19:00 horas na propia Praza de Abastos e os vales premiados poderán trocarse posteriormente nos establecementos participantes ata o 31 de marzo. Para resultar premiado/a é imprescindible estar presente no momento de extraer as papeletas gañadoras. Se a persoa agraciada non se presenta, e transcorridos 5 minutos non se identifica no lugar do sorteo, perderá o dereito ao premio e procederase a extraer unha nova papeleta de forma aleatoria.

Praza de Abastos de Monforte / XdL
HORARIO

Sábado 14 marzo: mañá de 10.30h a 14.00h, e tarde de 17.00h a 20.30h.

Domingo 15 marzo: mañá de 11.00h a 14.00h, e tarde de 17.00h a 19.00h.

BASES DO SORTEO

As bases do sorteo dos 500 € están na páxina web do CCU de Monforte, entidade que convida a achegarse “porque en Fóra Stocks Monforte o obxectivo está claro: atopar boas oportunidades, gozar das últimas rebaixas e, cun pouco de sorte, marchar para a casa tamén con premio”.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...