A olería tradicional de Gundivós será protagonista nos cupóns da ONCE do sorteo do vindeiro 18 de marzo no que haberá á venda cinco millóns de boletos. A nova deuse a coñecer o pasado martes na Reitoral de Gundivós coa presenza do Alcalde de Sober, Luis Guitián; quen estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; do director de axencia da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnés; e do alfareiro Elías González, entre outros.
Segundo explicaba o alcalde, a iniciativa partiu da delegación provincial de ONCE, quen propuxo a olería de Gundivós nunha para unha serie denominada “Arte a mano”, na que figuran pezas representativas da artesanía de diferentes comunidades. Os boletos levan tamén o selo da Fundación Artesanía de Galicia.


