HomesociedadeUn Campión Galego de Colombicultura en Bóveda, Salvador Pallares de 15 anos

Un Campión Galego de Colombicultura en Bóveda, Salvador Pallares de 15 anos

Con tan só 15 anos Salvador Pallares Soria gañou o Campionato Galego de Colombicultura do ano 2025, converténdose en campión de Galicia e participando no Campionato de España de Palomos Deportivos Copa S.M. El Rey, que se celebrou en Jacarilla (Valencia). Este sábado compite de novo en Beade, Ourense, nun dos eventos clasificatorios para volver representar a Galicia de novo na fase estatal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Salvador leva desde neno practicando esta modalidade deportiva, unha afección que herdou do seu avó e do seu pai. Desde ben pequeno compite tanto nas probas para adultos, como nas xuvenís. Xa ten comprometida a súa participación nun campamento para mozos en Almería.

Na actualidade conta con máis de 130 pombas na súa vivenda de Mazaira, no Concello de Bóveda, que viven “moi ben coidadas”. Nas competicións ten que levar as súas propias pezas, un pombo cunha cinta branca na cola e cen pombas máis coas que viaxa nun transporte a medida.

As competicións constan de varias probas e gaña o pombo que máis tempo estea voando coas pombas. A súa familia impulsou ‘Deseo Rubián, Sociedad Colombicultura’, unha sociedade deportiva coa que reivindicar este deporte. Cada unha das competicións dura arredor de dúas horas nas que os participantes poden chegar a facer ata 30 km acompañando ás súas pezas.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, recibiu a Salvador na Casa do Concello, onde lle fixo un agasallo personalizado e desexoulle moita sorte nas súas vindeiras competicións.

Salvador Pallares co alcalde, José Manuel Arias / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...