HomesociedadeIrmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O acto tivo lugar na Escola de Hostalería de Rosende e pretende ampliar a difusión das dúas 'Festas de Interese Turístico de Galicia'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi para seguir promocionándoa. Nesta ocasión, fíxoo a través dun irmandamento coa Festa da Filloa de Muimenta (Concello de Cospeito). As dúas celebracións contan coa distinción de Festas de Interese Turístico de Galicia polo que, enténdese que este acto axudará a aumentar a repercusión dos dous senlleiros eventos da provincia de Lugo. Sober festexará os días 27, 28 e 29 de marzo, e Muimenta o 1 de maio.

No acto de irmandamento, que tivo lugar o pasado 11 de marzo na Escola de Hostalería de Rosenda, participaron dúas filloeiras de Muimenta e persoal da propia escola. Tamén estiveron presentes o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o presidente da Asociación de Empresarios de Muimenta, José Manuel Rus. Ambos puxeron en valor esta nova liña de colaboración que vai permitir “relanzar estes dous eventos en zonas nas que son menos coñecidos”. O alcalde de Sober animouse, incluso, a facer algunha filloa.

Luis Guitián facendo unha filloa. Foto: Prensa Concello de Sober.
MARIDAXE DA FILLOA CO VIÑO DE AMANDI

As filloas de Muimenta, caracterizadas por ser salgadas e ter forma cadrada, tiveron ocasión de maridar cos viños de Amandi grazas á colaboración das dúas mulleres filloeiras de Muimenta e do alumnado da Escola de Hostalería de Rosende.

Este particular equipo de cociñeiros e cociñeiras demostraron que ambos produtos combinan ben presentando as seguintes elaboracións: filloa rechea de pera ao viño de Amandi, filloa con mousse de chantillí e brownie de chocolate, e saquiño de filloa con arroz con leite.  

Facendo filloas de Muimenta / Concello de Sober.

ÚLTIMAS

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación...