HomesociedadeA.V. do Saviñao: "O sen sentido dos investimentos públicos no municipio, 350.000€...

A.V. do Saviñao: “O sen sentido dos investimentos públicos no municipio, 350.000€ para cambiar un pendello por outro”

A Asociación Veciñal do Saviñao lamenta que o concello queira cambiar a carpa existente diante da casa consistorial, "xa conflitiva nos seus inicios dado que ninguén a quería, por outra nova de granito pulido e cobertura de pizarra, para continuar sendo lugar de concentración dos actos populistas de gastronomía gratuíta do noso alcalde. Cun gasto de 350.000 € para substituir unha instalación que non estaba deteriorada".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación veciñal considera innecesario este cambio de carpa e asegura que hai necesidades básicas que si habería que cubrir. Repasando as peticións que levan facendo á Alcaldía dende o 2009 enumeran os servizo básicos dos que carece o municipio:

  1. Carencia dunha Residencia de Maiores. O Saviñao é un dos poucos municipios do sur de Lugo que non ten unha residencia pública ou concertada. A existente é un sistema de apartamentos tutelados con 21 prazas, privatizada e cun custo de 1.500 €, inalcanzable para unha pensión agraria. “Isto a pesar da intención benefactora de Dña. Maruja Somoza quen doou o edificio para esa finalidade, pero non contaba coa súa privatización. Así os nosos maiores e as súas familias teñen que buscar estancias a moitos kilómetros do seu territorio, coa deslocalización e desarraigo que supón a idades tan avanzadas”.
  2. Tampouco hai un Centro de Día onde poidan relacionarse e onde realizar actividades recreativas e de matemento maila dispoñer do edificio do antigo ambulatorio a restaurar, ubicado na Devesa de Escairón.
  3. Sen local de reunións para a xuventude. “O Concello negouse a facer un local para a Xuventude, pese a ter a tan só 60.000€ a posibilidade de adquirir o edificio patrimonial do sindicato agrario á venda pola Consellería de Agricultura. Para isto tampouco hai cartos nin gañas”.
  4. Vivenda Social. Hai unha crecente demanda de vivenda, tanto de nativos como de inmigrantes que estan chegando en grande número, pero non hai intención de acollerse á liña aberta pola Xunta de creación de vivenda pública e social. “Son moitos os mozos que tiveron que buscar vivenda nos veciños Monforte e Chantada, afondando na crise demográfica e no esmorecemento do municipio. Namentres en Escairón existen dúcias de casas que poderían ser compradas a baixo prezo para a súa restauración e dar solución á perda constante de poboación. Tampouco parece interesarlle este problema”.
  5. Falta de saneamento nos núcleos rurais, tendo que solucionar o problema cada casa coa súa fosa séptica ante a falta de depuradoras.

Ao respecto da nova carpa, a asociación engade que a Devesa merece un entorno protector e que esta instalación afeará a imaxe, “E para maior irracionalidade cortouse o único e centenario tilo que existía en Escairón”.

“Tendo as necesidades e servizos básicos sen cubrir, antóxasenos unha frivolidade gastar 350.000€ para cambiar un pendello por outro. Atopándonos cunha obra “de feito”, sen exposición previa do proxecto, un tremendo disparate investir nalgo tan antiestético como innecesario”, conclúen.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...