HomesociedadeComeza o arranxo da LU-P-4103 en Pantón tras o derrubamento dunha ladeira

Comeza o arranxo da LU-P-4103 en Pantón tras o derrubamento dunha ladeira

O investimento estimado para acometer estas actuacións ascende a 600.000€. A empresa adxudicataria prevé rematar os traballos nun máximo de tres meses, co obxectivo de restablecer a circulación na vía con total garantías de seguridade para os usuarios e usuarias

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo iniciou os traballos de reparación na estrada LU-P-4103 ao seu paso polo concello de Pantón, tras o derrubamento dunha ladeira provocado polas intensas chuvias do pasado mes de febreiro. Os traballos están a ser executados pola empresa TA Isidro Hnos Blanco Trigo no punto afectado, situado á altura do quilómetro 2 da vía, que é a que comunica Ferreira de Pantón co encoro de Santo Estevo. 

Trátase dunha actuación de carácter complexo que require a retirada de grandes cantidades de terra e pedras acumuladas sobre a calzada e as marxes da vía. Para garantir a estabilidade do talude e previr novos desprendementos, o proxecto inclúe a creación dunha bancada intermedia que reduza a pendente da ladeira, ademais do acondicionamento do firme danado pola caída de materiais. Durante a execución da obra realízase un seguimento técnico continuo da ladeira, incluíndo voos con dron antes e despois das intervencións para medir o material retirado e supervisar os cambios no talude, garantindo así a máxima seguridade durante todos os traballos.

Antes de iniciar a intervención, foi necesario realizar unha avaliación exhaustiva da zona, que presentaba un risco elevado de novos desprendementos. Para poder actuar con seguridade, o persoal técnico tivo que expropiar os terreos adxacentes á estrada e cumprir todos os requisitos legais e técnicos necesarios para acometer a obra de maneira segura e eficaz.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...