HomesociedadeO físico, Jorge Mira, falará este venres en Quiroga da eclipse solar...

O físico, Jorge Mira, falará este venres en Quiroga da eclipse solar do 12 de agosto

Galicia, porta de entrada da eclipse solar 2026. Baixo este título, Jorge Mira Pérez, do departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, ofrecerá unha conferencia na Casa da Cultura de Quiroga este venres, 8 de maio ás 20:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A charla centrarase nas características deste fenómeno astronómico pouco frecuente, repasando o que é unha eclipse solar, os coñecementos científicos que se obtiveron historicamente a partir do seu estudo e cales serán as circunstancias concretas deste próximo evento.

En España a eclipse verase como total en case toda a metade norte peninsular, mentres que na metade sur poderase ver como parcial. O primeiro lugar onde será visible será Galicia. Segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional, en Quiroga a eclipse comenzará ás 19h 32m, nese momento será cando comece a minguar a luz  e rematará ás 21h 22m; sendo ás 20:28 o momento de máxima totalidade, cando se fará de noite durante pouco máis dun minuto, cando a lúa tape por completo o sol e no ceo quede unha coroa solar.

Tras a eclipse de agosto de 2026, a seguinte eclipse solar visible como total en España terá lugar o 2 de agosto de 2027, seguido doutra anular o 26 de xaneiro do ano seguinte, e que completará la triada de eclipses ibéricos de 2026-2028. Non será posible observar outro eclipse solar total desde España ata 2053.

Jorge Mira é catedrático de electromagnetismo no departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC); recoñecido coa Medalla Galicia de Investigación en 2022, na área de física, matemática e ciencias da computación; colaborador do Ministerio de Educación e Ciencia para a creación do Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga; membro do comité de expertos do goberno galego sobre a Covid-19 e membro da comisión de expertos do Goberno de España para a reforma da hora oficial; Presidente da Comisión Deontolóxica do Colexio Oficial de Físicos de España desde 2021.

É tamén un activo comunicador científico en televisión, radio e prensa desde fai máis de 25 anos, faceta pola que foi recoñecido co Premio da Confederación de Sociedades Científicas de España á difusión da ciencia en 2023, sendo o único físico que o gañou nos 20 anos de historia do galardón.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...